"Falarán as pedras.
Os poderes executivo e xudicial, confundidos nunha morea antidemocrática e presentándose nunha conivencia evidentemente indesexable, proceden -contra todas as nosas esperanzas de paz- a unha enxurrada de detencións (e conseguintes encadeamentos)...É polo que eu, inerme por completo diante destes feitos, dou con rogo de publicación esta nota, con farta dor do meu corazón, na que opino que estas detencións e os conseguintes encadeamentos afectan a multitude de persoas das que teño a convicción de que non pertencen a organización armada algunha e de que na súa vida social non estaban facendo uso da violencia de ningún xénero, nin doutras artes que as máis pacíficas do pensamento e da actividade cultural e/ou política. Nesta inquedante situación, máis unha vez se nos impón a ilustre exclamación evanxélica de que, se se fai calar aos inocentes, “falarán as pedras”. O cal non é, dende logo, desexable, pero a verdade é que acontecen situacións indesexables cando o desexable é imposible."
(Alfonso Sastre, Gara, 2/12/2007)
As nosas pedras son a solidariedade e o apoio mutuo, denunciando este gravísimo ataque contra os dereitos civís e as liberdades públicas, que ou son universais (como sempre defendeu a esquerda) ou non serán.
En consecuencia, solicitamos o teu apoio ao seguinte MANIFESTO...