09/06/09

Comunicado sobre a posíbel fraude nas eleccións

Estimados compañeir@s:

Estamos vivindo emocións contrapostas. Por unha banda temos que dar os parabéns a tod@s @s nos@s votantes e simpatizantes polo grande apoio que nos deron. Queremos dar os parabéns sobre todo ao pobo vasco, pola súa grande achega en votos e os fantásticos resultados obtidos, converténdonos en terceira forza en Nafarroa e (aínda por confirmar) en terceira forza tamén na Comunidade Autonoma Vasca.

Sentimos non poder escribir antes, pero estivemos analizando os datos dun xeito concienzudo e chegamos á conclusión de que aquí hai datos que non cadran. Aos datos evidentes de transvase de votos en certos pobos de Gipuzkoa, Bizkaia e Nafarroa, onde os nosos votos foron cambiados desde os recollidos na acta até o que aparece no Ministerio do Interior, hai que sumar os abundantes datos de votantes que estamos recibindo a través do correo electrónico. Bastantes votantes dixéronnos que tras depositar o seu voto, en ocasións xunto a toda a familia, na acta ou nos datos do MIR aparecen 0 votos para II. Até temos informes de lecturas doutros partidos onde citan máis datos dos que aporta a web do MIR. Con todo non somos o único partido que sufriu este transvase. Estamos vendo que en realidade existen moitos datos cruzados entre partidos.

Ademais os datos dos Països Catalans son máis que sospeitosos. Moitos cidadáns din votar II e logo viron que non aparecen os seus votos computados, aparecendo transvasados probabelmente ao voto branco ou o nulo. De feito o aumento de voto branco e nulo nos Països Catalans é esaxerado. Supera todo o que se viu até agora e en pobos onde historicamente o independentismo catalán tivo resultados notábeis desapareceron case todos os votos.

Estamos traballando en recoller toda a información que podamos, pero a vosa participación é imprescindíbel. Necesitamos o máis pronto posíbel todas as irregularidades que se detectaron, indicando Municipio e provincia, Distrito e Mesa electoral. Só dese xeito se pode facer algo fronte a este atropelo. Así que por favor poñédevos en contacto co correo web@iniciativainternacionalista.org e enviádenos cantos máis datos podades. Así mesmo nos próximos días informaremos sobre as accións legais que levemos a cabo e os resultados.

05/06/09

FIN DUNHA XEIRA ALEGRE

Xosé Luís Méndez Ferrín

Un día, Eça de Queiroz recompilou certa súa intervención social co título de Uma campanha alegre. Véñenseme ás mentes esas que acabamos de culminar en Galicia para arrecadar o voto popular a Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos. Alegre e clandestina, a nosa campaña, porque se fixo (despois da legalización) coa hostilidade contumaz de todos os medios de comunicación, incluídos os considerados “benévolos” en ocasións anteriores. Había consignas e as consignas executáronse.


Foi un gozo ver como confluían coa FPG grupos, partidos e fraccións ideolóxicas, activistas, individualidades e movementos sociais e culturais de toda Galicia para constituir unha plataforma de apoio que traballou con ímpetu reflexivo. Na FPG sentimos que moitos anos de isolamento, perfectamente deseñado por nos abafar, se convertían en convivencia franca e leal con sectores de independentismo e da esquerda real afíns en profundidade e se cadra conscientes, ou sedentos, de converxencia.

Na FPG sentimos II-SP, desde o intre mesmo no que se constituíu en todo o Estado español, se convertía nun sitio de encontro supranacional no que se daban a man os movementos de liberación nacional e social de Galicia, Euskadi e Países Cataláns co movemento obreiro e popular de esquerda xenuína nos territorios e rexións de España propiamente dita, Madrid incluído (o Madrid heroico de no pasarán) e moito ben representado por Alfonso Sastre, primeiro de todos na lista. O noso grande amigo.

A vasta alianza na que se conxuga o interese da clase obreira (único para todos) e os nosos intereses como nacións asoballadas, sexan cales foren os resultados electorais do domingo que vén, non se disolverán despois das eleccións. Nós queremos que continúe e se robusteza nestas horas de tribulación e de tristura que son os da crise provocada pola voracidade innumerábel do Capital. Un saúdo aos camaradas metalúrxicos en folga.

Eu confío en que a alegría, a combatividade, a boa intelixencia dos feitos, a camaradería que uniu nesta campaña vontades e fragmentos de cousa que estaban separados se prolongue no futuro e o corpo social do independentismo de esquerda (non se coñece outro) saia reforzado e anovado.

Aos sectores do BNG, realmente existentes, que saben que nós temos razón, pedímoslles o voto. Como llo pedimos a outras correntes de pensamento e de acción encadradas partidariamente lonxe de nós pro que tamén saben que nós temos razón. E pedímoslle o voto ás multitudes conscientes do “desastre escuro” ao que nos levou a “cobiza burguesa” (Celso Emilio ven agora no noso auxilio).

Confiamos no noso pobo e confiamos na clase obreira. Estamos ledos porque diante nosa se abre unha porta. Pisemos sen medo a soleira desta porta que nos levará (sempre en Manuel Antonio) Máis Alá ou Alén.


VIVA GALICIA CEIBE E SOCIALISTA!
VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!


04/06/09

Lembra: hoxe venres Acto Fin de Campaña en Vigo

A partir das 19:00 h. na Praza da constitución de Vigo comezará o Acto de Fin de Campaña da Iniciativa Internacionalista en Galiza: poesía e música acompañarán a militantes sindicais, activistas en defensa da terra, compañeiros de Euskal Herria e integrantes do grupo galego de apoio á Iniciativa que realizarán distintas intervencións. Pechando o acto falará o compañeiro Xosé Luís Méndez Ferrín, número 6 da candidatura.


Estades todas e todos convidad@s! Adiante coa Iniciativa Internacionalista!




Galería de imaxes (II)







Dende a contaminación

Dionísio Pereira

Sabíamolo, de seguro que a maioría sospeitabamolo, pero cando esculcamos “a folla de servizos” de Alfonso Sastre, con especial incidencia no do atentado da rúa do Correo no ano 74, e o seguimento especial a Doris Benegas, facendo mención da súa presenza nos funerais de Iosu Muguruza e Santi Brouard, tivémolo claro: estamos todos e todas fichados e vixiados de vello, se cadra dende antes de morrer Franco, e os que “argallaron” a Transición, que decidiron esquecer tantas cousas, para nada se esqueceron dos que adquirimos o virus da rebeldía hai ben tempo, e que, con todas as nosas contradicións, trasacordos e renuncias, aínda o levamos ben dentro logo dunha borrallenta travesía do deserto de máis de 30 anos.

Algúns e algunhas, asemade, teremos un estigma engadido: o de ter compartido, sequera de maneira episódica, o azaroso “devalar” da esquerda abertzale, única forza social de envergadura que, no Estado español, presentou encirrada resistencia ao que Franco atou e ben atou, e o que, aínda, non fumos quen de desatar. Este acompañamento, por veces desleixado debido a unha maioritaria postura crítica coa loita armada, nunca deixou de lamentar o illamento ao que os revolucionarios vascos foron sometidos, non só polo aparato do estado, en boa medida procedente do franquismo, senón pola inmensa maioría das forzas de esquerda e nacionalistas do resto do actual territorio español, que desprezaron o inmenso aporte combativo e solidario que a historia recente da esquerda abertzale “atesoura”, e non hai máis que lembrar a derradeira folga xeral desenvolvida hai uns días na CAV e Nafarroa.

Co mesmo orgullo con que Doris Benegas declarou no mitin do Anaitasuna de Iruña os seus “vencellos” con Euskal Herría, tamén poderíamos, de xeito moito máis modesto dende logo, rememorar algúns chanzos do noso contaminado roteiro euskaldún. Cando Carrero deu en subir ao ceo alá por nadal do 73, nós botabamos polas tabernas de Compostela co aquilo de “así volaba, así, así...”; cando Alfonso e Genoveva Forest foron detidos e, ela, vilmente torturada, as rúas compostelás escoitaron a nosa denuncia daquela provocación franquista, mais quen non a escoitou foi o PCE, partido no que daquela militaba Sastre; cando os fusilamentos de Hoyo de Manzanares, simbolizados na magoada imaxe xuvenil de Juan Paredes Manot “Txiki”, toda Compostela se paralisou naquel desolado setembro de 1975 ao paso dun “comando” que berraba “Goberno de asasinos, o pobo xulgará”, deixando esnaquizada na súa singradura a entrada do local dos sindicatos verticais; logo, cando “Pertur” foi “desaparecido” na altura de 1976 (como agora Jon Anza), vímonos envoltos nunha manifa de arrantzales en Ondárroa, que, nada máis amarrar os barcos no peirao, encheron as rúas da vila reclamando a aparición do militante abertzale… Anos andados, tras a Transición todo foi, para a nosa sorpresa, moito máis difícil, pero aínda acompañamos a deslexitimación da nova Constitución nas páxinas do xornal “Egin”, e, cando o periódico foi pechado pola brava, retornamos a Donostia para pór o noso grao de area solidario nunha multitudinaria protesta cidadá. Hai pouco tempo, a traverso de amigos comúns, retomamos vellos contactos para colaborar no diagnóstico que a asociación Herria 2000 Eliza fixo do conflito político en Euskal Herría, participando no libro colectivo Soberanías y Pacto, e aínda non fai un ano compartíamos de maneira fuxidía a derradeira etapa vital dun home xeneroso e moi querido na súa Pasaia natal: o antigo alcalde Xabier Portugal, elixido mediados os 90 nas listas de Herri Batasuna, e recentemente falecido.

Ao cabo, teño para mín que ese homiño maquiavélico (é sabido, “home pequeno, fol de veneno”) que atende ao nome de Rubalcaba, non agardaba que houbese tantos “contaminados e contaminadas” que exerceran con valentía un dos mellores valores das esquerdas libertarias e transformadoras: a solidariedade e o apoio mutuo. Unha solidariedade, que a piques estivo de defenestralo do seu gobernativo cargo e de pór en cuestión ese enxendro inquisitorial que ven sendo a Lei de Partidos.

Porque estas son as mellores herdanzas que o proceso de converxencia aberto por Iniciativa Internacionalista, vainos deixar para despois do 7 de Xuño, con ou sen eurodiputada: a vontade de procurar a confluencia dunha morea de persoas que proceden de diversas correntes ideolóxicas, con ou sen militancia partidaria, pero que se consideran desafectas co actual estado de cousas e acreditan en que a loita contra a tiranía do capital vai indisolublemente unida no conxunto do Estado español a unha rexeneración democrática, a unha segunda Transición, que, a carón doutras cuestións indispensabeis como a derrogación da devandita Lei de Partidos e da desmemoriada Lei de Amnistía, a desaparición da Audiencia Nacional, a erradicación da tortura, ou do inaprazable saneamento do aparato do Estado, coloque en primeiro plano a soberanía, o dereito a decidir das nacións que así o reclamen. Unha estratexia que, respectando a soberanía de cada país e de cada colectivo, poña por diante o que nos une antes do que nos separa; unha estratexia que vaia acompañada dunha práctica que xenere rebeldía, ilusión, mutua confianza, e que, “mirando os uns polos outros”, escorrente medos, tenda pontes entre as diversas xeracións de loitadores e loitadoras, e nos leve a recobrar a ledicia de compartillar as pequenas e necesarias vitorias.

En definitiva, se é certo que o gol de Maradona retratou ás claras o xorne antidemocrático e policial do réxime xurdido da Transición e iso non deixa de ser un éxito un chisco inesperado, non o é menos que unha vitoria aínda maior sería amosar nestes días, sequera de maneira parcial e incompleta, como as persoas e os colectivos imos mellorando ao abeiro das loitas que son xustas e compartidas, porque nelas se reflicten as nunca satisfeitas arelas seculares da Humanidade esfolada; porque, a fin de contas, a ética da igoaldade, da liberdade, da solidariedade entre os traballadores e entre os pobos, está moi por riba dos mesquiños intereses do capital e da oligarquía españolista herdeira da brutal Ditadura de Franco e dos seus secuaces.

Velaí as oportunidades que abre a Iniciativa Internacionalista, tamén no noso país, onde estamos ben necesitados de novos espazos de encontro nos que se vexan representadas as capas da poboación que non se conforman cun tépedo autonomismo, coa desfeita do medio natural, coa marxinación dos sinais de identidade propios e coa perda dos seus dereitos civís e laborais como única saída para que o capital poida zafar da crise económica que el mesmo provocou.

Máis nada; na medida das forzas de cada quén; sen pretender posuír verdades absolutas pero convencidos de irmos na boa dirección, Avante, Aurrerá, Endavant, Adelante Iniciativa Internacionalista.

Discurso no Ateneo de Ourense

Xosé Luís Méndez Ferrín

Donas e señoras, compañeiras e compañeiros,


Constitúe para min unha honra poder dirixirvos a palabra neste Ateneo que foi desde a súa fundación ate hoxe un fogar de liberdade, mesmo en épocas de oprobio. E de facelo na cidade na que nacín, da que me levaron na infancia, á que sempre regresei para remover as propias cinsas e me encontra comigo mesmo. Nacín, si, en Ourense, en días de morte e horror e os disparos abalaron o meu berce e eiquí din os meus primeiros pasos cando todo era silencio e sombra, polo que me convirto nun candidato, igual que Alfonso Sastre, que non pode ser separado do máis duro e incomodante da memoria histórica.

Direivos por que o noso partido, a FPG, logo de reflexión interna, decidiu que sete camaradas integrasen a lista de Iniciativa Internacionalista-A Solidaridade entre os Pobos. O noso patriotismo galego, digámolo en primeiro lugar, é un independentismo que considera ós traballadores a clase, integrada por suxeitos ceibes, destinada a liderar o noso proceso de liberación nacional e social. O que fai que a FPG sexa natural e vivencialmente internacionalista. E isto nos leva a incluírnos na candidatura Internacionalista que encabeza un fillo de Madrid, Alfonso Sastre, e na que alén de vascos, persoas dos países cataláns, casteláns, andaluces, canarios e fillos doutras rexións españolas. A Unión Europea e o goberno español impóñenos España como circunscripción electoral. E nós, con Iniciativa Internacionalista, respondemos con España. Iso si, con outra España, con aquela que se identifica cos comuneros e cos movementos obreiros e campesiños e co no pasarán que colocou a nobre villa de Madrid na historia mundial do heroísmo. Esta candidatura, de xeito moi principal, representa o independentismo de esquerda galega, vasca e catalá; pro tamén a España popular republicana e anticapitalista. Eis a novidade de II; eis o por que da nosa presenza e de que esteamos eiquí en Ourense a vos pedir o voto. Non vos pedimos o voto desde unha Galeusca, senón desde unha alianza internacionalista de todos os pobos de España.

E que significa, ademais, esta alianza que, sen dúbida, sobrepasará as eleccións europeas e se prolongará no futuro e nas duras horas de combate obreiro e popular que nos agardan? Principalmente, dúas cousas. Primeiro, II é expresión dunha conciencia e dunha práctica anti-capitalista de dirección racional marxista en tempo de crise terminal do sistema actual de explotación cuase-planetaria. Segundo, II vindica o dereito á autodeterminación das nacións asoballadas, dereito recoñecido polo consenso xurídico internacional e polas Nacións Unidas e negado por España e pola UE da que é parte. En boa medida tamén II é expresión do recoñecemento do dereito á autodeterminación de Galicia, Euskadi e Paisos Cataláns asumido publicamente por traballadores e intelectuais do Estado Español que non son nin galegos nin vascos, nin cataláns. E isto, camaradas e amigos, é verdadeiramente unha “nova fronteira” da conciencia popular. Unha novidade que aos sete candidatos da FPG que integramos II nos enche de ledicia.

Nestes días nos que o galeguismo residual está a momificar ritualmente o cadáver de Ramón Piñeiro, co concurso activo do presidente contra-galego da Xunta, temos que relembrar que a figura á que lle dedicamos ás Letras Galegas foi un anticomunista primordial, un antinacionalista contumaz e un atlantista convencido, alén do verdadeiro “autor” do europeísmo político en Galicia. Co cal resulta case unha obviedade decer que o nacionalismo da FPG naceu e viviu, antes baixo outras denominacións, en latitudes contrarias ao que hoxe chamamos Europa comunitaria ou UE. Sempre nas antípodas de Ramón Piñeiro e dos inocentes que creron, e aínda cren, a UE un talismán que lle devolverá algún día a Galicia a liberdade que non ten e que arela.

Nós estamos contra a UE porque ela, desde as súas xa lonxanas orixes ao abeiro dos EEUU e nunca lonxe da OTAN, se constituíu como organización ao servizo das burguesías europeas antano defrontadas política e militarmente na II Guerra Mundial. Eis o pecado orixinal da UE: ela naceu como acto de reconciliación entre o diñeiro fascista e diñeiro democrático e burgués (sempre é o mesmo diñeiro) europeo para confluír co diñeiro norteamericano actuando de ministro oficiante. Naceu esta Europa contra a Europa da URSS, das democracias populares, de Albania e os pobos de Iugoslavia. E desaparecida a guerra fría, a UE foi belixerante contra os países de Terceiro Mundo que escolleron unha vía propia nacional-popular, favoreceu a violencia capitalista contra os europeos da citada Iugoslavia e contra a nación árabe de Palestina, por poñer só algúns puntos moi concretos.

O Parlamento Europeo é unha entidade mastodóntica arredor da que pululan centos e centos de funcionarios, asesores, asistentes varios, que son obxecto de permanente presión e soborno da parte de infinidade de lobbies económicos. Este Parlamento non dicta verdadeiras leis nin elixe un goberno europeo. Como moito, aceita ou adía directivas que o estamento euroburocrático elabora ao ditado dos intereses reais do sector en cada caso dominante do capital. Os pobos non exercen control ningún sobre o Banco Europeo e os comisarios ou ministros europeos non son interpelados nin teñen que lle render contas ao Parlamento. Todo o cal nos sitúa nunha estrutura, a da UE, oligárquica e anti-democrática na que o Parlamento é unha pantalla que só serve para ocultar a podredume real que aló impera. Algúns chámanlle pudibundamente a isto “déficit democrático” e se declaran prudentemente “euroescépticos”. Nós falamos da UE como estrutura anti-democrática e declarámonos simplesmente inimigos dela pola simple razón de que somos amigos dos pobos de Europa e do Mundo.

Alén diso, sabemos que a UE está integrada polos estados compoñentes. No Parlamento non ten Galicia ningún sitio onde se sentar e os representantes galegos serán oficialmente representantes de España. Só nebulasamente hai espazo para as “rexións”, espazo difuminado no que poden entrar Murcia, o val do Ródano ou do Rhin no mesmo rango que Galicia, Bretaña, Escocia, Cataluña ou Euskadi; estas últimas, mostras citadas a exemplo de nacións que aspiran á Independencia; aínda hai outras. Tamén existe algún organismo dedicado ás linguas minorizadas de Europa, pro non é executivo e no Parlamento Europeo, dito de xeito claro, está prohibido falar galego por moito que Camilo Nogueira maquillase a ofensa dicindo que el alí falou portugués. Para a FPG o galego é o galego e o portugués, no século XXI, é o portugués.

E aínda así, por que concorre a FPG con II a estas eleccións? Vexamos porque vos pedimos o voto para a candidatura da II na que participamos os galegos.

En cada punto do mapa da UE constituíronse candidaturas de esquerda xenuína, anticapitalistas e contrarias a esta Europa non democrática. Nós xa as temos indentificadas e contactadas en boa parte. O noso propósito é o de nos unir con elas na defensa das políticas que a UE trata de impoñer contra os traballadores como é a do aumento da xornada laboral, a directiva Bolkestein, que nós dicimos “Frankestein”, contra a universalización dos dereitos laborais, ou a que está ás portas sobre o aumento da idade de xubilación. Nós encontrarémonos no Parlamento Europeo con todos os representantes auténticos dos obreiros e dos campesiños europeos. Dos alternativos e dos históricos como pode ser o caso do PCP e do Bloque de Esquerda Portugueses.

Tamén noutros espazos de Europa (da nosa Europa, que non é a deles aínda que a cartografía, e só a cartografía, nos una) aparacerán deputados que van ao Parlamento co mandato de facer valer os dereitos das nacións negados polos actuais estados e con carácter nacional-popular e de esquerda. Así mesmo acudiremos ao seu encontro e participaremos comunalmente con eles. Non ligaremos esforzos, como fixo o BNG, cando estivo no Parlamento Europeo, nin coa dereita nacionalista flaminga nin coa dereita nacionalista catalá de CIU, por pór dous exemplos. Farémolo, si que o faremos, cos amigos do Partido Socialista Escocés, por pormos outro exemplo.

Amigos e amigas, camaradas: o que estamos a preparar xa agora é un grupo parlamentario europeo de esquerda anticapitalista que apoie o dereito de autodeterminación dos pobos asoballados da Europa Occidental. O que estamos a pretender é, nin máis nin menos, que o espírito que anima o corpo converxente de II-SP se traslade ao Parlamento Europeo neste tempo de crise. Esta candidatura constitúe unha garantía de que tal cousa vai ser unha realidade.

A FPG é pobre de recursos económicos e está moi orgullosa de ser tamén un partido ao servizo dos que, en palabras de Marx, teñen todo que gañar e nada que perder. Pro non somos pobre en ideas, como non o son outras candidaturas que hoxe piden o voto na mesma dirección histórica na que nós pedimos. E sobre todo (dígoo neste intre no que os traballadores do metal de Pontevedra está a xogarse unitariamente a súa dignidade como persoas) acreditamos nun futuro sen explotación nin nacional nin de clase. Confiamos no pobo e na súa conciencia en días de crise negra para os pobres. Confiamos nos vosos votos para conseguir o que fica relatado.

En casos coma este eu adoito citar unhas palabras de Sempre en Galiza:

"Cremos que a auga doce dos ríos pode facer doce a auga salgada do mar; que a morte enchéndose de vidas será vida; que a nada enchéndose de ilusións será todo. As nosas esperanzas non caben nos lindeiros da razón."

Votade a candidatura de Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos. Votade por vós mesmos.

Viva Galicia Ceibe e Socialista!
Viva o Internacionalismo Proletario!


2 de xuño de 2009

En solidariedade cos traballadores do metal

A candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos chama á solidariedade da clase traballadora galega cos obreiros do metal de Pontevedra, apoiar as súas mobilizacións e asemade queremos denunciar a implacábel represión policial contra os traballadores e as traballadoras que loitan por manter o seu poder adquisitivo e as súas condicións laborais nun convenio digno.

Mais a patronal e o seu goberno só coñecen a represión, a criminalización, co obxectivo de illar aos metalúrxicos dos seus irmáns de clase, da mesma maneira que tentou frear coa ilegalización a forza da nosa candidatura.

Desde II-SP chamamos a todas as organizacións sindicais e sociais, a rodear de solidariedade a loita do metal que rompa o illamento e a criminalización. A súa vitoria é a vitoria de todos, pois en Galiza hoxe hai moitos conflitos contra as consecuencias da crise (Caramelo, Leite Pascual, EMESA, etc.); e a unidade é o camiño da vitoria.

Toda a solidariedade cos traballadores e as traballadoras do metal.

Viva a loita da clase obreira

Iniciativa Internacionalista-A solidariedade entre os Pobos

Lembra: hoxe xoves mitin en Cangas, Compostela e Ferrol

En Cangas será ás 20:00 h. na Casa da Cultura, en Compostela ás 20:00 h. no Hotel Xelmírez e en Ferrol ás 20:30 h. no Centro Cívico de Caranza.

02/06/09

Lembra: hoxe mércores mitin na Coruña, Pontevedra e Lugo

Na Coruña será ás 19:00 h. no IES Eusebio da Guarda, en Pontevedra ás 20:30 h. no Local Social Revira e en Lugo ás 20:30 h. no Local Social Mádia Leva!.

ADIANTE COA INICIATIVA INTERNACIONALISTA - A SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS

Reflexións sobre Europa



Xosé Luís Méndez Ferrín

Ao termo da segunda guerra mundial comezou a Guerra Fría. En canto a URSS e as democracias populares establecían o Pacto de Varsovia e logo o Comecon. Albania e Iugoslavia, países tamén socialistas, dotábanse de réximes tamén socialistas pro independentes. Esta era unha Europa.

Ao mesmo tempo, os estados da Europa Occidental, a excepción de uns poucos neutralistas, aceptaron a tutela norteamericana e robustecéronse no capitalismo. Norteamérica pasou a protexer a continuidade dos fascismos español e portugués polas garantías de anticomunismo que lle fornecían. Nos restantes países occidentais os EEUU fundaron unha férrea alianza militar antisoviética e anticomunista chamada NATO. Alentaron tamén a construción dunha Europa Occidental unida economicamente e mesmo politicamente sobre bases capitalistas e defrontada ao Leste. Primeiro foi a Comunidade do Carbón e do Aceiro, logo Mercado Común e finalmente a Unión Europea e a moeda única. Esta é outra Europa.

A construción das institucións que desembocaron no Mercado Común tiñan o efecto, para eles beneficioso, de reconciliar as burguesías de Francia, Benelux, Reino Unido e outras coas burguesías alemá e italiana mormente, que estiveran enfrontadas entre si durante a II Guerra Mundial. Esa reconciliación tivo efecto e as institucións europeo-occidentais avanzaron deica a actual UE.

Trátase, a UE, dunha estrutura pura e exclusivamente capitalista, dedicada a orientar os estados membros en políticas produtivas comúns. O funcionamento da UE non é democrático e, do seu Parlamento, non saen verdadeiras leis nin moito menos se elixe un goberno europeo. A UE produce directivas de obrigado cumprimento elaboradas desde a Comisión Europea sen que estas sexan previamente votadas na asemblea de electos que é o Parlamento Europeo.

A UE constitúe un organismo poderoso que nunca chegará, como pensan algúns dos seus defensores, a constituírse en forza propia e independente dos EEUU. No conflito iugoslavo estivo coas máis negras forzas reaccionarias e militaristas, o mesmo que o está nos conflitos de Palestina e de Oriente Medio en xeral.

Queren estas consideracións chegar á conclusión de que non debemos participar nas eleccións ao Parlamento Europeo? Non. Debemos presentarnos a elas e impulsar unha candidatura que poña no Parlamento Europeo deputados e deputadas que representen realmente os intereses da clase obreira e do resto do pobo na circunscripción España, porque entres as carencias democráticas destas eleccións áchase a de que Galicia non pode elixir parlamentarios propios. E isto é máis necesario ca nunca enfronte ás medidas capitalistas neste intre tan duro. Tamén debemos enviar deputados que asuman o dereito de autodeterminación para a independencia que a UE, na práctica, lle recoñece a países do Leste que naceron do asalto ao poder dos anticomunistas e llos nega ás nacións asoballadas de Occidente, como é a nosa.

Se a circuscripción é España, ten sentido incluírmonos na Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, á cal a FPG aporta a enerxía e a potencia patriótica e anticapitalista de sete deputados e deputadas galegos.


1 de xuño de 2009

01/06/09

30/05/09

Vídeo electoral da Iniciativa Internacionalista

Solidariedade con Laura

A detención da traballadora da CIG por axudar a traballadores imigrantes pon ao descuberto a verdadeira cara da política do Goberno de ZP, que mentras fala de defender aos traballadores e traballadoras, admite a represión contra aqueles que só se plantexan a defensa dos dereitos dos sectores más explotados e indefensos da clase traballadora, os inmigrantes.

Son estes traballadores e traballadoras os que pola súa indefensión máis sufren os ataques da patronal, rebaixando a xornada laboral, os salarios, coa intención manifesta de buscar a división da clase traballadora, que a debilite fronte ás políticas pro patronais.


A política do goberno español vai en liña coa defendida por Sarkozy e o conxunto da Unión Europea, con Berlusconi á cabeza. Unha liña de maior represión, non só contra os propios traballadores e traballadoras imigrantes, senón tamén contra todos aqueles que solidariamente axudan a conseguir os papeis que lles permitan traballar e vivir aquí.


Son leis como a de estranxería, que está sufrindo sucesivos recortes, ás que pon na obriga de facer todo o necesario para conseguir o que é de xustiza: os papeis para todos e todas.


A candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, solidarízase coa traballadora e esixe o sobreseimento da causa que, aínda estando en liberdade, mantense contra ela, alén da derogación de represiva Lei de Estranxería, e chamamos a todas as organizacións sindicais, sociais e democráticas, a expresar a súa solidariedade.

26/05/09

A SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS - VOTA Iniciativa Internacionalista


Estamos a asistir á maior crise do capitalismo dos últimos oitenta anos, e de novo os gobernos da Unión Europea queren que paguen as súas consecuencias os traballadores e as traballadoras, os sectores populares. Mentras os gobernos europeos expolian o erario público para rescatar aos banqueiros e axudar ás grandes empresas, o desemprego medra.

En Galiza a crise económica, e as políticas da Unión Europa e os gobernos central e autonómico, golpean sobre a clase traballadora e sectores produtivos como os gandeiros, que ven como se perden postos de traballo, salarios ou rendas, alén dunha política agresiva de españolización no idioma, na cultura, etc., co obxectivo manifesto de rematar coa nosa identidade nacional.

Existe en amplos sectores da sociedade a suficiente capacidade para orientar nun sentido anticapitalista e democrático o desexo cada vez máis estendido de cambio radical:

Pola xustiza social. Que a crise a paguen os que a provocaron: os capitalistas. O capitalismo no Estado español ten uns trazos especialmente agresivos, como a tremenda precariedade laboral, causa da maior taxa de paro e de emprego eventual da UE. E agora a pretensión do sistema é dar un paso adiante máis no relativo á explotación e aos recortes sociais. Por un plan de rescate dos traballadores e as traballadoras sen temor a propor para iso medidas anticapitalistas.

Liberdades democráticas plenas. Estamos comprobando como, devagar, vanse recortado os xa de seu limitados dereitos civís existentes, tales como o dereito á non discriminación por razóns ideolóxicas, de lingua e cultura, de idade ou de xénero. O dereito á libre expresión, o dereito a non ser represaliado, torturado ou procesado polas propias ideas. O dereito a votar e ser votado. O Estado español non respecta a soberanía das diversas nacións baixo a súa xurisdición nin do conxunto dos pobos.

Non á discriminación de xénero. Pero non como un mero enunciado formal e baleiro de contido, senón como unha esixencia normativa, xurídica e práctica que posibilite realmente o fin da discriminación. O cal inclúe, entre outras cousas, o dereito e a posibilidade real de control das mulleres sobre o seu corpo, a súa sexualidade e a súa capacidade reprodutiva.


Dereitos políticos.
Reivindicamos os dereitos negados polo réxime actual, entre os que hai que destacar o dereito de todos os pobos a decidir de forma soberana o seu futuro, e non como un feito illado senón como un dereito permanente, é dicir, o dereito de autodeterminación. O dereito de cada pobo a decidir a súa forma de goberno e á normalización da súa lingua e a súa cultura nacionais.


Contra a Europa do capital.
Estamos en contra da Europa do capital e a favor da Europa dos pobos. Estamos en contra da OTAN como expresión militar do imperialismo e, xa que logo, esiximos a retirada do Estado español de devandita alianza militar. Estamos en contra da especulación e a deterioración do medio ambiente. Estamos pola defensa da soberanía alimentaria e do colectivo fronte ao privado.


Apoiamos as loitas de todos os pobos do mundo pola súa liberdade e a súa dignidade. Solidariedade cos procesos de articulación patrióticos, antiimperialistas e de xustiza social que teñen lugar en Latinoámerica, así como coas frentes de resistencia en Oriente Medio, e moi especialmente coa heroica loita do pobo Palestino.


Para os traballadores e traballadoras, emprego.

Para que a crise a pague quen a provocou, o capital.
Para que os pobos poidan decidir o seu futuro, autodeterminación.
Porque no Estado español outra democracia é posíbel: non á Lei de Partidos.


Preme nesta ligazón para descargar o díptico en cor ou nestoutra para descargalo en escala de grises
--


VOTA Iniciativa Internacionalista



24/05/09

Crónica do acto público de solidariedade coa Iniciativa


O pasado xoves, antes de coñecerse a resolución do Tribunal Constitucional a favor da candidatura de Iniciativa Internacionalista, tiña lugar en Vigo un multitudinario acto baixo a consigna Non á Ilegalización.

Moderado por Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG, o acto contou coa presenza de múltiples asistentes e, como o escritor Gustavo Luca de Tena fixo ver nada máis comezar, co apoio en sinaturas de todo o país. Estiveron presentes tamén, candidat@s galeg@s de Iniciativa Internacionalista como X. L. Méndez Ferrín, Xan Carballo, Ricardo Castro Buerger, Cati Martínez Collazo, Manolo Besteiro e Cesar Lago, de entre os que tomaron a palabra os dous primeiros. Alén diso, no discorrer do acto deixáronse oír as voces de militantes doutras agrupacións como Lois Pérez Leira, de Nova Esquerda Socialista; Miguel Anxo Abraira, de Movemento pola Base; Oscar Gomes, de Espaço Irmandinho; e Xosé Collazo, do Partido Comunista do Povo Galego.

A loita contra a Europa do capital e contra o fascismo que oprime aos pobos, marcou a liña xeral do acto e dos discursos que se escoitaron, nos que o seo da esquerda real se ofrece como o berce da loita xusta e coordinada entre os pobos oprimidos que, coma o noso, buscan unir as súas forzas, coordinar os seus esforzos, e loitar contra a criminalización de II-SP, a iniciativa que permite pór en común estes obxectivos.

Tras o remate do acto, pechado pola intervención de Méndez Ferrín, coñecíase que o Tribunal Constitucional viña de declarar, contradicindo a sentenza do Tribunal Supremo, non ilegal a candidatura de Iniciativa Internacionalista. A sensación agridoce de ser unha sentenza que depende das dinámicas de xogo do Estado español e non das razóns fundamentais polas que esta iniciativa debe poder concurrir ás eleccións europeas, mestúrase coa ilusión de defender un proxecto lexítimo e coherente que ten a encomenda de empezar a facerse ver.

Por outro lado, desde o grupo galego de apoio á Iniciativa Internacionalista queremos agradecer aos centos de persoas que asinaron individualmente contra a ilegalización, nun acto de solidariedade e valentía que amosa ben ás claras a dignidade do noso Pobo, así como agradecer tamén ás distintas organizacións que de unha ou outra maneira nos fixeron chegar durante estes días o seu ánimo e apoio. Para todos e todas unha aperta revolucionaria.

19/05/09

MANIFESTO

Diante da ilegalización da candidatura Iniciativa Internacionalista

Os e as asinantes queremos manifestar a nosa oposición ao proceso de impugnación e ilegalización da candidatura ás eleccions europeas, Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, iniciada polo goberno do PSOE.


A ilegalización aprobada polo TS supón un atentado ás liberdades democráticas ao impedir a presentación dunha candidatura democrática, soberanista e de clase, limitando gravemente o dereito da cidadania a votar e ser votado.

Por este motivo, esiximos do Tribunal Constitucional, que ten que resolver sobre o recurso presentado antes das 0 horas do venres 22 de maio, a anulación da ilegalización e a restitución de todos os dereitos da devandita candidatura


norma AGAL

Os e as assinantes queremos manifestar a nossa oposiçom ao processo de impugnaçom e ilegalizaçom da candidatura às eleiçons europeias, Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Povos, iniciada polo governo do PSOE.

A ilegalizaçom aprovada polo TS supom um atentado às liberdades democráticas ao impedir a presentaçom dumha candidatura democrática, soberanista e de classe, limitando gravemente o direito da cidadania a votar e ser votado.

Por este motivo, exigimos do Tribunal Constitucional, que tem que resolver sobre o recurso apresentado antes das 0 horas da sexta feira 22 de Maio, a anulaçom da ilegalizaçom e a restituiçom de todos os direitos da devandita candidatura



Asinan:



Adolfo Pérez Esquivel, (arxentino-galego) Premio Nobel da Paz
Manolo Rivas, escritor
Suso de Toro, escritor
Carlos Taibo, profesor de ciencias políticas da Universidade Autónoma de Madrid
Xosé Manuel Beiras, dirixente do BNG
Camilo Nogueira, ex Deputado Europeo
Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor
Margarita Ledo Andión, catedrática da USC, escritora e cineasta
Lidia Senra, Executiva do SLG
Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor
Manuel Bragado, editor
Manolo Camaño Fandiño, Secretario Xeral da CUT
Carme Freire, Secretaria Xeral do SLG
Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG
Mar Peteira Cabana, membro Executiva confederal da CIG
Ricardo Castro Buerger, Secretario de Organización da CUT
Miguel Anxo Abraira Sobrado, membro da Mesa Nacional de MpB
Carlos Morais, secretario xeral de Primeira Linha.
Darío Xohán Cabana, escritor
Carlos Velasco Souto, historiador e profesor UDC
Dionísio Pereira, economista e historiador
Lois Pérez Leira, Secretario Xeral de Nova Esquerda Socialista
Manoel Bello Salvado, concelleiro do BNG en Mesia
Carlos Dafonte, profesor, ex Secretario Xeral do PCG, ex Coordinador de EU-IU e ex concelleiro de Lugo
Xosé Lois Romero Falque
José Emílio Vicente Caneda, jornalista
Maurício Castro, Portavoz de NOS-UP
Chus Pato, poeta e ensinante
Xosé Ramón Cenda, Executiva SLG
Carlos Slepoy Prada, avogado personado ante Audiencia Nacional polos crimes cometidos na Arxentina
Paulo Paio Rubido Bará, Secretario Nacional da Federación de Servizos da CIG
Isabel Vilalva Seivane, Executivo SLG
Xosé María Dobarro Paz, catedrático de Universidade
Maruchi Álvarez Barreiro, Executiva Nacional da CUT e concelleira
Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística
Manuel Igrexas Rodríguez, profesor
Xosé Antón Laxe Martiñán, Redes Escarlata
Xosé Luis Santos Cabanas, escritor e traballador USC
Cipriano Luis Jiménez Casas, médico e escritor
Xosé Manuel Pazos, IU-EU Cangas
Brais González Pérez, ADIANTE
Xan Carlos Ansia Rodriguez, membro Consello Confederal da CIG e traballador da Xunta de Galiza
César Lago Bouza, Comité Executivo da FPG
Henrique Harguindey Banet, profesor
Maruxa Barrio Val, profesora
Joám Peres Lourenço, Ceivar
Roberto Lopez Laxe, Corrente Vermella e afiliado á CIG
Luis Piña, militante de Nova Esquerda Socialista
Anxo Angueira, escritor e profesor UVI
Alexandre Rios, BRIGA
Iago Barros, AGIR
Emma Lázare, profesora e tradutora
Xabier Cordal, ensaísta e profesor
Patricia Janeiro, escritora
Fernando Pereira González, ensaísta e bibliotecario
Antón Dobao, director de cine e escritor
Gustavo Luca de Tena, escritor e xornalista
Manuel Anxo Darriba Blanco, escritor e xornalista
Lourdes Pérez González, bibliotecaria
Elvira Riveiro Tobío, profesora e poeta
Bernardo Penabade Rei, ensinante
Xosé M. Eyré, escritor e crítico literario
Claudio Pato, poeta
Uxío-Breogán Diéguez, historiador
Gonzalo Hermo González, poeta
Cibrán Santamaría Ríos, físico
Fernando Vilaboa Martínez, editor
Manoel González Cruces, músico e poeta
Xoaquín Freixeiro Álvarez, mestre
Xosé Chacón Benítez, productor artístico
Graciela Alba Burgos, diseñadora gráfica
Juan Carlos Merlo, ex xogador do Deportivo de A Coruña
Francisco Fernández Rei, catedrático USC e académico RAG
Xosé Collazo Castro, profesor
Francisco Pillado Mayor, editor
Francisco Sampedro Ojeda, filósofo e catedrático de ensino medio
Xerardo Moscoso Caamaño, director teatral, actor e antigo membro de “Voces Ceibes”
J. Alberte Corral Iglesias, economista e profesor
Celso X. López Pazos,profesor e crítico de arte
Luis Gonçales Blasco “Foz”, professor
Braulio Amaro, profesor
Andrés Hermelo Dacosta, membro da sección sindical da CUT do concello de Cangas
Domingos Antom Garcia Fernandes, professor reformado
Anxela Mariño López, profesora
Moncho Lareu Riveiro, Operario de Artes Gráficas, Comité Nacional de ADIANTE
Dolores Varela Salgado, profesora
Comba Campoy Garcia, traballadora do audiovisual
Juan Vila, militante sindical
José Gómez Millán, Presidente do Colectivo Vigués Memoria do 36
Xurxo Martínez Crespo, historiador
Xosé Carlos Crespo Santiago, secretario xeral Fed. Administración Publica CIG
Camilo Camaño Xestido, artista plástico
Antolín Alcántara, dirixente da CIG
Etelvino Blanco Rodriguez, secretario comarca CIG – Ourense
Xosé Vigo Miranda, dirixente da CIG
Xerardo Abraldes, sindicalista da CIG
Xosé Melón González, Federación da Construción da CIG
Fermín Paz Lamigueiro, sindicalista
Natividad López Gómez, Economista. CIG
Serafín Otero Fernández, sindicalista da CIG
Florencio Rodríguez López, deseñador. CIG
Iría Salvande Lorenzo, sindicalista da CIG
Jesús Costas Argibay, sindicalista da CIG
Ester Mariño Costales, Técnica Igualdade CIG
Uxío Zabala Iglesias, Federación Administración Pública CIG
Roxelio Veiga Fernández sindicalista da CIG
Alexandre Lago Portela, sindicalista da CIG
Emilio Pérez Fernández, afiliado da CIG
Iuri Domenech González, técnico de Formación
Xabier Pérez Igrexas, membro de Galiza Nova
Aurora Lorenzo Barciela, sindicalista da CIG
Silvia Penas Estévez, docente
Xulio Fernández Alonso CIG-Químicas
Breixo Lousada Valdez, CIG
Oscar Alba Burgos, desempregado
Luciano Villar González, CIG alimentación
Xulia Meiga Cedeira, CIG-banca
Trinidad Villar Gutierrez, CIG Saude Laboral
Francisco García Gómez CIG- Saude Laboral
Augusto Navarro, CIG Metal Naval
Tomas Gonzalo Vaamonde, CIG
Pablo Camilo Pérez Alba, deseñador gráfico
Manuel Otero Lago, CIG-metal naval
Raquel Pérez Fernández, CIG metal
Rosa María Castro Vazquez, agricultora
Xusto Fernández Vilas, CIG servizos
Ana Meijide González CIG servizos
Pracer Vila, secretaria organización CIG-Vigo
Xosé Bieito Álvarez Lobariñas, CIG-ensino
Anxo Iglesias Covelo, técnico emigración CIG
Herminio Antas, emigrante retornado
Jaime Rodriguez, inmigrante boliviano.
Francisco Pérez, sindicalista da CIG
Zelia García, xornalista
José Manuel Graña Garrido, médico
Teresa García Martín, profesora
Luís Alonso Vidal Conde, professor
Anxo Regueiro Lopez, traballador na Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Ríos Vilaboa, funcionario
Xosé Luis Rivas Cruz Mini, artista e mestre
Manuel L. Besteiro, sindicalista da CUT
Laura Quintillán, música
Paco Macías,editor
Marina Quintillán, música
Alberte Pagán, escritor e cineasta
Xosé Henrique Costas González, catedrático da Universidade de Vigo
Xis Costa, Cidadán
Joám Lamas, Técnico en seguridade électrica
José M. Costa Valiño, Profesor de secundaria
Xavier Moreda, Coordenador de AGARB
Luis Fernández Gónzalez, SRI
Xosé Carlos Comesaña Costas, militante social
Gustabo García, Avogado
Antonio Leiros, Colectivo Republicano de Redondela
Aitor Rivas, profesor de lingua e cultura galegas Tübingen – Alemaña
Carlos Calvo Varela, estudante
Constante Vázquez Fernández, CIG Porriño
Rubén Afonso Lobato, funcionario
Xesús García Couso, Cidadán
Consuelo Lago Mariño, CIG-Vigo
Aldán Lago Mariño, profesor
Fernando Fonseca Malvido CIG-FGAMT
Xosé Fernández Piñeiro CIG- FGMT
Gustavo Eduardo Maradini, avogado
Lilian Pompei, avogada
Beatriz Gómez Amigo, licenciada en Arte e en Museos
Ramón Varela Díaz. profesor, catedrático de Bioloxía-Xeoloxía
José Arias Taboada, estudante
Manuel Arias Abeijón, funcionario
Manuel Soto Castiñeira, Profesor da Universidade da Coruña
Xoan Calros de Dios González, profesor
Ángel Amancio Sotillo Aragunde, oficial administrativo
Antón Lamapereira López, profesor ensino secundario
Begoña Caamaño Rascado, jornalista
Mercedes Caeiro Solar, profesora
Cristina Martínez Tejero, investigadora
Josefa Romero, secretaria organización CIG-Banca
ClodomiroMontero, secretario Xeral CIG-Banca
Alberto Fernández Campo, CIG construcción
Santomé Santos, CIG-Administración Pública
Rosa Chantada Abollo, CIG Administración Pública
Manuel Gónzalez Moreira, CIG Saude
Francisco Xosé Gómez Gómez, CIG- Saude
Fernando Sabio, Executiva da CIG
Manuel Meira, Executiva da CIG
Xabi Castro Otero, Secretariado Nacional da CUT
Manuel Docampo, membro da executiva nacional do SLG
Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional do SLG
Xoan Monasterio, membro da executiva nacional do SLG
Xosé Manuel Calvo Rei, membro da executiva nacional SLG
Miguel Anxo Méndez López, labrego
Henrique del Bosque Zapata, profesor
Xan Gómez Viñas, xornalista
Manolo Garrido
Manuel Alexandre Pereira Hernández, actor
Xosé Carlos Hidalgo Lomba, deseñador gráfico
Asunción Camaño Fandiño, administrativa
Xia Arias Rego, xornalista
Camilo Vázquez García, profesor universidade
Mariana Ansia Calviño, integradora social
Miguel López Calzada, técnico de iluminação
Lara Rozados Lorenzo, xornalista
Xurxo Borrazás Fariña, escritor
Antonio Doñate Mañeru, deseñador gráfico
Chusi Riveira Castelo, audiovisual
Xiana López Penedo, traballadora social
Pilar Martínez Otero, sanidade
Cati Martínez Collazo, Executiva Comarcal de Vigo da CUT
Eduardo García Parada, ensinante
Xosé Manuel Pacho Blanco, avogado e escritor
Aarón López Rivas, traballador en precario
Xián Otero Camaño
Xosé Vilas Graña, peón-Operario
Anxo Collarte Pérez, Profesor
Marcos S. Pérez Pena, xornalista
Oriana Méndez Fuentes
Alberto Lema Suárez
Paulo Bouzas Fernández, estudante
Leonardo Fernández Campos, profesor de secundaria
Manuel Gómez Suárez, taberneiro
Mª Victoria Louro Ferreiro
Martin Naya, coordinador comarcal de MpB-A Coruña
Isabel Noya Rey, avogada
Jesus M Fontenla, afiliado á CIG administracion
Manolo Bouzon, afiliado á CIG Metal
Duarte Ferrín Iglesias, gaiteiro
Maria Pilar Gonzalez Rodriguez, mestra
Xan Vieito Cabo, operario de fabrica
Iván Cuevas Domínguez, auxiliar de Administraçom
Irene Cancelas Sánchez, jornalista
Loreto Fernández Rodríguez
Maria Jesús Rial Romám, administrativa
Xan Montenegro Villanueva, técnico especialista
Alberto Gutiérrez Souza, educador Social
Pedro Alonso Iglesias, biólogo
Xoán Rodríguez Sampedro, estudante
Maria Álvares Rei, jornalista
Ricardo Lourenzo, traballador portuario
Isabel Tomé Freire, parada
Joám Francisco López Pérez, trabalhador da Adm. Pública- sindicalista
Alberto Álvarez Lugrís, profesor da Universidade de Vigo
Inácio Martínez Orero, celador do SERGAS
Manuel Ayán Díaz
Elena Martínez Martínez, ensinante
Mario Regueira, escritor
Sandra Garrido Fernández
Telmo Varela, Sector Naval da CUT
Félix Cal Cortizas, fotógrafo
Víctor Manuel Fuentes Viaño, traballador de Urbaser
Xosé Lois Borines Fernández, bancario
Xosé Antonio Leirós Fernández, mecánico
Roberto Gil Moure, funcionario de administración local
Fernando Carreira Collazo, cineasta
Gonzalo Amoedo López, funcionario de administración local
Celso Alvarez Cáccamo, professor
Purificación Cabido Pérez, profesora ensino medio
Francisco Manrique González Rodríguez, socorrista
Alexandra Cabana Outeiro, profesora de Xeografía e Historia
Almudena Bergareche Gros, profesora de universidade
Xiao L. Barcala, historiador
Xurxo Pérez Pintos, profesor
Cathryn Teasley Severino, Profesora Universitaria
Moncho Fernández Martínez, Executiva Comarcal da CUT do Morrazo
Maria J. Diaz Pinheiro, Professora de Ensino Secundário
África Leira Sanmartín, trabalhadora da administraçón galega
Begoña Martínez Banet, xornalista
Roi Fernández Fernández, estudante
Davide Palmeri, estudante
Paula Fernández González, editora
Daniel González Vázquez, profesor
Francisco Niño Ricoi, ensinante
Xurxo Martínez González, traballador
Tomás Hermelo Álvarez, técnico en acuicultura
Anxo Manuel Otero Montero, lingüista
Beatriz Vilaverde Santamariña, técnica de normalización lingüística
Dores Valcárcel Guitián, professora e lingüista
Ernesto Cañedo Sainz, Electricista
Valentim Rodrigues Fagim, professor
Alberto Valverde Otero, Profesor e crítico literario
Xúlio Gonzalez Teixeiro, Profesor de Filosofía
Aida Vasques Varela
Miguel Serrano Pérez, biólogo
José Ángel Brandariz García, profesor de dereito na UDC
Xorxe Martínez Jiménez, profesor de Instituto de Ensino Medio
Elvira Banet López de Rego, funcionaria
Iago Castro Buerger, profesor
Soledad González Maside, ama da casa
Miguel Anxo González García, profesor da USC
Rubem Centeno Paradela, autónomo
Bieito Landeira Saavedra, parado
Xosé Manuel García Crego
Gladys Virxinia Afonso Lobato, traballadora de banca
Arturo Casas Vales, profesor da USC
Lola Fernández Meizoso
Alicia Lorenzo Faro, veciña (concelleira do BNG) de Mondariz-Balneario
Marcelo Rodríguez Acosta
Marcial Gondar Portasany, catedrático de Antropoloxía Social (USC)
Rodolfo Fernandes vasques, operario do metal em Navantia e membro do conselho federal da CIG-Metal
José Carlos Santos Paz, profesor de Universidade
Concha González
Olalha Barro Lopes, trabalho sindical
Ramiro Ledo Cordeiro
Inma Valeije Alvarez, profesora de Universidade
David Barrio Alonso, topógrafo
Mário J. Herrero Valeiro, tradutor
Ernesto Vázquez Souza, bibliotecário
Xián Nieto González, funcionário
Jose Antonio Conde Ares
Esther Fontenla Cotelo
Mariam Ferreira Golpe
Laura Carballo Piñeiro, profesora USC
Alberte Álvarez Gil, estudante
Roberto López-Iglésias Samartim, professor da UdC
Bruno Vilela López
Maria Ugia Alvarez Real, estudante
Mário S. Fernandez Pereiro, estudante
Daniel R. Cao, estudante
Cristovo Vidal Fernández, membro da Executiva Comarcal do BNG na comarca de Vigo
Rubén Fernández, mestre
Inácio Pavón Barbagelata, sindicalista CIG
Marcos Lamas Garza, parado
Antón Gómez Reino Varela, CSA Atreu!
Alberto Domínguez Mato
Xabier Magarinhos Gonzalez, delegado sindical da CIG
Sara Louraço Vidal, músico
Miguel Batalla Liste, estudante
Jurjo Torres Santomé, catedrático da Universidade da Coruña
Carlos Campoy Vázquez, professor Universidade da Corunha
Xulia Vaz Porto, profesora
Manuel Vidal Villaverde
Matilde Caamaño Casas, licenciada Clásicas
Manuel Nantes Bello, pintor
Leopoldo Xosé Tato Bello, graduado social
Xulio Fontes Fernández, pintor
Juan Blanco Pereira, obreiro (Colectivo Republicano de Redondela)
Román Vilela Castro, empregado de banca
Serxio Regos "García", músico, pertencente ao Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew
Xermán García Romai, Secretario Comarcal CUT-Compostela
Xaquín Conde Ruíz, Executiva Comarcal CUT-Compostela
Xosé Penido Dosil, Executiva Comarcal CUT-Compostela
Álvaro Moraña Fontán, Executiva Comarcal CUT-Compostela
Carmen Rois Torrado, CUT - Compostela
Alberto Vizoso Losada, informático
Anxo Quiroga Fernández, estudante
Vanesa Álvarez Álvarez, estudante
Amiel Amaro Rodríguez Álvarez, estudante
Nair García Abelleira, estudante
Sabela Filgueiras Rodríguez, estudante
Laura Sousa Sánchez, estudante
Antonio Reboreda Fernández, enxeñeiro industrial
Xosé Luis Franco Grande, avogado
Arximiro Villar González, escritor e profesor de lingua e literatura galega
Lucía Bello Fariñas, administrativa
André Pena, Dr en Arqueoloxía e Hª Antiga, arqueólogo do concello de Narón
Raúl Vázquez Meréns, estudante
Rosa Fernández Rojo, deseñadora gráfica
Adriana Rionegro Dabarca, bolseira
Diana Rionegro Dabarca, traballadora
Lorena Fernández Reigosa, bolseira
Brais Fidalgo Martínez, traballador, membro da dirección da FPG
Ralph López Míguez, mestre
Vergílio Alberto Vieira, escritor
José Manuel Sande García, historiador
Mª Pilar Campo Domínguez (Marica Campo)
Alicia Vázquez Jiménez
José Ángel Abreu, físico
Alex Martinez Romera, parado
Xavier Vilhar Trilho, professor titular da Faculdade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela
Ana González Jove, concelleira do BNG en Monfero
Borxa Rei
Marta Mosquera Fociños
Iñaki García Gómez, traballador da Xunta
Loreto Iglesias Olivera, estudante
Darío Portela Núñez, estudante
Mercedes Olivera Pazos, desempregada
Xosé Manuel Iglesias Santos, mariñeiro
Laura Anhom Gomes
Santiago Vaz Varela, Enxeñeiro Técnico Forestal
Ignacio Vilariño Sanmartín, titiriteiro
Guilherme Brea, BRIGA
Amauta Castro, traballador da administracion publica (Girona)
Rafael Xoán Muñoz Castro, traballador da administracion publica (Girona)
Raquel Garcia Ramos, trabalhadora social
Bruno Faustino Durán, estudante
Fernando Vásquez Garcia, presidente da Associaçom Cultural Alto Minho
Brais Manoel Parrado Freire, estudante
Gabriel Beceiro, bibliotecario en estado de exilio
Noa Fernández Pazo, estudante de Filoloxía Galega
María del Mar López González, estudante
Miguel A. Neira Romero, pensionista, poeta ás vezes e galego sempre
Maria Vila Riveiro, bióloga no paro


De maneira colectiva:

Redes Escarlata
Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)
ADIANTE
Frente Popular Galega (FPG)
Colectivo Nacionalista de Marín
Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)
Nova Esquerda Socialista
Grupo A Quenlla
Comunistas da Galiza- Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE)
Correo Vermello, distribuidora
Movemento pola Base (MpB)
Colectivo Republicano de Redondela


Emigración:

Higinio Martins Estéves, profesor de galego, integrante de AGAL é membro de Nova Esquerda Socialista.
Juan José Fernández Ageitos, secretario politico de Nova Esquerda Socialista (arxentina e presidente da Sociedade de Ribeira.
Luis Fernández Ageitos, Secretario Xeral da Asociación de Taxistas da Capital e Secretario xeral da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina.
Ricardo Cuadrado, militante de Nova Esquerda Socialista.
Guillermo Somoza, Director da “Barraca Galega de Bos Aires”
Marta Beatriz Pallares, militante de Nova Esquerda Socialista.
Isabel Soto, filla do “Galego Soto” (Punta Arenas- Chile).
Maria Casariego Bel, psicóloga (Arxentina)
Juan Bouzón, adherente a Nova Esquerda Socialista (EEUU).
Alicia Sofia Hambra, adherente a Nova Esquerda Socialista -Arxentina.
Hilda López Pereyra, loitadora dereitos humanos
Jesús Mira, (arxentino-galego) Ex deputado Partido Comunista.
Xoel Novoa, escultor, Arxentina